• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

BERTA CÁCCAMO

SIN TÍTULO
INV:
2765
Año de creación:
2003
Dimensiones:
170 x 130 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

Dotada de misterio e de gran personalidade, esta obra de linguaxe abstracta na que os elementos desempeñan un papel decisivo forma parte das moitas imaxes que nos deixa a súa autora Berta Cáccamo, unha artista innovadora tanto na forma coma no contido.
Unha imaxe xestual e espacialista chea de poesía onde a sinxeleza e a delicadeza conseguen un efecto harmonioso. Formas de gran forza expresiva que dan paso á luminosidade, nun silencio que nos enche de forma serena.
A forza da cor avanza pola tea con levidade sen apenas manipulación, confrontando a sensación entre o cheo e o baleiro. A exaltación dunhas formas redondeadas que recordan a natureza xorden da improvisación, enchendo de pequenos matices e tonalidades a obra. Manchas acuareladas como un torrente sanguíneo que discorren sobre un fondo branco que non deixa indiferente pola súa luz.
Reflexión e rotundidade, unha linguaxe visual propia onde a idea compite en protagonismo coa obra en si.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78