• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

NATURALEZA VIVA

CONCHA LAGOA

NATURALEZA VIVA
INV:
2715
Año de creación:
2002
Dimensiones:
80 x 100 x 0
Técnica:
Fotografía en branco e negro. Positivada en papel baritado

Comentarios

O corpo feminino confúndese co contorno, coa natureza da que forma parte adaptando a sinuosidade do nu, reducido a curvas, a cadeira e coxa, aos caprichos da paisaxe antiga, da xeografía gastada e modelada polo océano.

Son evidentes as referencias clásicas, o concepto de beleza está presente no recordo de Venus, da deusa nacida do mar, a sedución xurdida das xélidas augas. A obra recolle a idea de contradición, de complexidade simbólica da muller, denuncia a posibilidade da dobre mirada que se manifesta na oposición entre o carnal e o mineral, o inerte e o animado, o frío e o cálido, que coexisten nun espazo palpitante xerador dunha natureza viva.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78