• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CONCHA LAGOA

Lagoa Fontán, Concha

( Cangas do Morrazo, Pontevedra 8 de mayo de 1973 )

Biografía

A fotografía alcanza a categoría de creación plástica perdurable se unha mente sensible, e non só unha mirada aguda, está detrás do visor da cámara que captará a imaxe. E Concha Lagoa posúe esa condición, en doses considerables, ao achegarse, case monotematicamente, ao nu, e en concreto ao nu feminino, ao que dota dunha plasticidade exquisita, situándoo en ámbitos de evocación, con sentido lírico nato.

Comezou a interesarse pola fotografía na súa vila natal, da man do coñecido profesional José María Santoro, quen lle ensinou os recursos do oficio, a partir dos cales a artista imprimiu o seu selo persoal, de deliberada carga plástica e literaria.

Tras esa aprendizaxe, completa a súa formación na Escola Flash de Madrid, onde ten ocasión de traballar xunto a Manuel Soler. Ao concluír os tres cursos da carreira, regresa a Galicia e comezou a traballar independentemente.

Realiza exposicións das súas obras, entre elas a titulada Unha voz feminina, no Castelo de Soutomaior, o ano 2002, que confirma a valía desta creadora da imaxe.

Certa pintura, dende Boucher a Renoir, latexa nos traballos de Concha Lago, depurados, evocadores, con insólitos escorzos e ambientes para o nu feminino, que carga de emoción cando os viste e vela detalles con gasas ou tecidos mestos, entre vexetacións e arquitecturas contrastantes.

 

 

Bibliografía

UNHA voz femenina, Deputación Pontevedra, Pontevedra, 2002.


Obra

  • NATURALEZA VIVA

    NATURALEZA VIVA 2002

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78