A RÍA
- INV:
- 2679
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 116 x 89 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre lenzo
Comentarios
A inmensidade do océano escápase, pérdese máis alá da mirada detida na elevada liña do horizonte, delatora de distancias e de límites entre o abarcable e o infinito.A vitalidade do mar, forza imparable da natureza, penetra violentamente na ribeira para devolver o que lle sobra, o que rexeita depositándoo na area coma nun espléndido vertedoiro de lixo.
O autor presenta unha composición medida, austera, ordenada en planos que delimitan os sucesivos niveis de profundidade e, sen embargo, non existe e rixidez, todo é sutil, doado, traballando con mestría as manchas de cor, beneficiándose da confusión cromática. A pincelada solta, desamañada, consegue describir la mobilidade mariña que desprega tras de si un mundo de cores e materias distorsionadas, de visións alteradas baixo a auga. O xesto ondulante combínase con trazos que insinúan corpos xeométricos, estructuras de obxectos perdidos, rexeitados, sabedores dun pasado mellor. A intensidade cromática dos amarelos, laranxas, azuis, violetas, resulta exultante fronte á moderación grisácea das ondas e das nubes algodonosas.
A suxestión, a alusión, o ser e non ser, invitan ó xogo, a outorgarlles vida e nome ás formas evocadas que recobran o seu tempo e o seu espacio a través dos recordos de cada espectador.