• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

NACHO COSTA

Costa Beiro, Nacho

( Noia, A Coruña, 1953 )

Biografía

Membro dunha familia de artistas —os seus tres irmáns Alfonso, Pío e Alejandro, son tamén pintores—, asentouse inicialmente en Barcelona, onde cursou estudos na Escola de Artes Aplicadas. Saltou despois a Berlín, onde traballou cos grupos de arte Transvangarda. Deseñou escenografía de teatro, grava carpetas como Xentes e O Cabalo, e ilustra El Quijote e outros libros e realiza pinturas murais na súa cidade natal, onde tamén decora a bóveda do teatro, tarefa que estende á Confraría de Pescadores de Portosín, e aborda outros moitos proxectos, como a ornamentación de establecementos públicos, a creación de galerías de arte e a dirección de cursos de iniciación á pintura en diversas modalidades.

Conseguiu premios en numerosos certames, dende 1967, en toda Cataluña e Galicia, así como nas bienais do deporte, tema que cultivou asiduamente. As súas exposicións multiplicáronse, en Cataluña, Galicia, Alemaña. Está representado en diversos museos e na colección do Real Club Celta de Vigo.

Nacho Costa é un artista de considerable facilidade creativa, de tendencia post impresionista lindeira co expresionismo. Un paisaxismo recreador, de mancha ampla, case onírico, altérnao coa figura á primeira intención, debuxando directamente coa cor, dende unha pincelada rápida, nerviosa, delgada, de infinitas veladuras e transparencias dita como con urxencia, en enganosa fugacidade, posto que o tema está meditado e calculado.

Bibliografía

Pablos, Francisco: Arte no Deporte. Vigo. Fundación Celta de Vigo, 1999.

Artistas de Galicia. Guías Culturais. Compostela, Xunta de Galicia, 2003.

Obra

  • A RÍA

    A RÍA 1999

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78