• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Desnudo

JORGE CABEZAS

Desnudo
INV:
2641
Año de creación:
2001
Dimensiones:
146 x 114 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

A presencia dos peixes é unha constante na obra de Jorge cabezas, onde ocupan sempre un espacio de referencia narrativa. A escena representa un espido de muller mergullado na auga e rodeado de tres peixes. O interese polos espidos e polas imaxes en movemento sobre unha superficie plana mantense nesta peza, na que se invita á contemplación da figura feminina, de rostro anónimo e beleza distorsionada, acompañada de tres peixes que nadan incansablemente ó seu arredor. A harmonía cromática e a simplicidade formal do debuxo é evidente ó concibir a figura, perfilada en negro, en brancos e azuis verdosos, que se integran co azulón do mar. Os beneficios da luz parecen penetrar baixo o fondo mariño para alterar o corpo feminino someténdoo a cambios lumínicos de dereita a esquerda, delimitando os diferentes campos cromáticos mediante unha pincelada forte e matérica, rica en texturas, polo se que acada unha superficie árida e grumosa. A composición e a presentación desta muller-serea suxire a idea dunha femia obxecto sexual habituada á contemplación e, daquela, totalmente impasible ante o acoso que en torno a ela exercen os insistentes peixiños. EXPOSICIÓNS: "Jorge Cabezas". Marzo de 2002. Galería de Arte Alameda Vanguardia, Vigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78