• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

JORGE BARBI

SIN TÍTULO
INV:
2615
Año de creación:
2001
Dimensiones:
70 x 50 x 0
Técnica:
FOTOGRAFÍA SOBRE ALUMINIO Exemplar, 2/5

Comentarios

A importancia do azar estivo sempre presente na obra de Jorge Barbi. Xa na súa mostra Expolio, do ano 1989, presentaba as súas experiencias realizadas con elementos achados nun contexto rural. A orixe da obra exposta era o encontro de obxectos emprazados nun contorno natural que el ía recollendo nos seus percorridos e nos seus paseos para así conformar unha intervención única convertendo ó artista, como el mesmo definía, en “máis un medio que un protagonista”.

Jorge Barbi é un artista polifacético que indagou na pintura, na escultura, profundando agora no mundo da fotografía. Nesta proposta de traballo, Argéntea, volve actuar co azar, sendo este o verdadeiro tema da serie, buscando a seducción do atopado e aceptando a relación entre arte e natureza.

Neste caso, a costa é o territorio de ensaio, utilízaa como obxecto e provedora plástica, da que extrae experiencias visuais, poéticas e semánticas sorprendentes xa que, como o propio autor revela, “Todas estas imaxes son fotografías de excrementos de gaivota realizadas entre o verán de 1996 e o de 2000, nunha liña de costa de 20 km. Posteriormente destaquei dixitalmente, cando o requiría, as figuras dos fondos, potenciando sen desvirtuar a súa forma orixinal”.

Tendo esto en conta, o labor do artista consiste en seleccionar os restos dos excrementos que máis lle interesan e se axeitan á mensaxe buscada: a suxestión de formas antropomorfas, de pictogramas. O material escollido implica aceptar non só a presencia da sorte no resultado final senón a necesidade dun tempo e un movemento determinado que contribúen a conformar esa imaxe evocadora.

Na dificultade do encontro destas aparencias baséase o extraordinario da obra xa que, como Jorge Barbi confesa, “A pesar da súa abundancia e renovación tras as choivas, a maioría [das formas] son amorfas, e nunha xornada de 10 km é posible non atopar, entre miles de manchas brancas sobre as rocas, ningunha cunha forma que non sexa máis ca unha suxestión. Esa escasa probabilidade converte calquera pequeno achado nunha excepción, e a súa busca exhaustiva e prolongada tras a primeira seducción, nun pulso máis co azar”.

Exposiciones

"Arco 2002". Do 14 ó 19 de febreiro de 2002. Galería Trinta. Palacio de Exposicións Juan Carlos I, Madrid.

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.

Reproducciones

“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78