• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

JORGE BARBI

SIN TÍTULO
INV:
2613
Año de creación:
2001
Dimensiones:
70 x 100 x 0
Técnica:
FOTOGRAFÍA SOBRE ALUMINIO Exemplar, 1/5

Comentarios

A importancia do azar estivo sempre presente na obra de Jorge Barbi. Xa na súa mostra Expolio, do ano 1989, presentaba as súas experiencias realizadas con elementos achados nun contexto rural. A orixe da obra exposta era o encontro de obxectos emprazados nun contorno natural que el ía recollendo nos seus percorridos e nos seus paseos para así conformar unha intervención única convertendo ó artista, como el mesmo definía, en “máis un medio que un protagonista”.

Jorge Barbi é un artista polifacético que indagou na pintura, na escultura, profundando agora no mundo da fotografía. Nesta proposta de traballo, Argéntea, volve actuar co azar, sendo este o verdadeiro tema da serie, buscando a seducción do atopado e aceptando a relación entre arte e natureza. Neste caso, a costa é o territorio de ensaio, utilízaa como obxecto e provedora plástica, da que extrae experiencias visuais, poéticas e semánticas sorprendentes xa que, como o propio autor revela, “Todas estas imaxes son fotografías de excrementos de gaivota realizadas entre o verán de 1996 e o de 2000, nunha liña de costa de 20 km. Posteriormente destaquei dixitalmente, cando o requiría, as figuras dos fondos, potenciando sen desvirtuar a súa forma orixinal”.
Tendo esto en conta, o labor do artista consiste en seleccionar os restos dos excrementos que máis lle interesan e se axeitan á mensaxe buscada: a suxestión de formas antropomorfas, de pictogramas. O material escollido implica aceptar non só a presencia da sorte no resultado final senón a necesidade dun tempo e un movemento determinado que contribúen a conformar esa imaxe evocadora.
Na dificultade do encontro destas aparencias baséase o extraordinario da obra xa que, como Jorge Barbi confesa, “A pesar da súa abundancia e renovación tras as choivas, a maioría [das formas] son amorfas, e nunha xornada de 10 km é posible non atopar, entre miles de manchas brancas sobre as rocas, ningunha cunha forma que non sexa máis ca unha suxestión. Esa escasa probabilidade converte calquera pequeno achado nunha excepción, e a súa busca exhaustiva e prolongada tras a primeira seducción, nun pulso máis co azar”.

Exposiciones

"Arco 2002". Do 14 ó 19 de febreiro de 2002. Galería Trinta. Palacio de Exposicións Juan Carlos I, Madrid.

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78