• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Paisaje con desnudos

XAVIER POUSA

Paisaje con desnudos
INV:
2612
Año de creación:
1975
Dimensiones:
66 x 92 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Nunha paisaxe ideal sitúanse cinco bañistas, fermosas mulleres que amosan os seus corpos espidos nun escenario que podería representar un mundo mítico, un paraíso cheo de erotismo.

As bañistas dispóñense en diversas posturas, deitadas, sentadas, saíndo da auga, de costas... realizando diferentes estudios de anatomía. As poses están ensaiadas, facendo referencia, en todo momento, a representacións iconográficas clásicas, polo que é inevitable a homenaxe á pintura francesa, as bañistas de Renoir, as odaliscas de Ingres ou, incluso, a Manet en Almorzo Campestre, nese protagonismo compartido entre figura feminina e paisaxe.

Os corpos conseguen atrapar a luz e convértense en puntos luminosos e nacarados que transmiten unha impresión de calidez e carnosidade que resalta sobre o contorno. Sen embargo, lonxe de situarse nun segundo plano, a natureza acada un papel preeminente pola riqueza e a minuciosidade coa que está presentada. Os matices cromáticos son infinitos e derrámanse por toda a composición, que goza de tons imposibles. Os verdes da vexetación combínanse cos azulados da auga, que conviven cos rosados; os azuis mestúranse cos violetas da ladeira, que marca o último termo da obra e acentúa a sensación de distancia.

A pincelada é impresionista, nerviosa e pequena, captando todos os detalles da foresta, describindo a sensualidade deste recuncho de fantasía que recorda a representación dos xogos dun grupo de Ninfas ou o baño da deusa Diana acompañada polo seu cortexo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78