• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Interior

ROGELIO PUENTE

Interior
INV:
2610
Año de creación:
1983
Dimensiones:
55 x 38 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A arquitectura clásica, os ambientes modernistas, os espacios antigos... sérvenlle ó autor para concibir unha obra nostálxica, chea de pasado e de historia. Un escritorio situado no ángulo esquerdo dunha estancia, decorada nun estilo decadente, de finais de século, dá paso, tras unha porta, a unha nova habitación con grandes ventás. O cadro preséntase como un xogo,unha realidade labiríntica e independente que continúa máis alá do noso campo visual. A composición parece un exercicio de perspectiva, a intención é provocar unha gran sensación de profundidade a través dun trompe-l’œil, un truco que suxire maior amplitude espacial na obra. Esta ilusión óptica conséguese polo xogo de liñas, -nas que participa o mosaico do solo-, que converxen e dirixen a mirada cara ó fondo. O cromatismo decántase polas cores escuras, polos tons terras, os grises, que actúan como potenciadores do escenario, todo é cargado, pesado, acomodándose ó sabor rancio e anello das estancias. O debuxo e o detalle son case sorprendentes, definindo a unha pintura que soporta, perfectamente, un directo primeiro plano. Os obxectos descríbense con total exactitude, as texturas, o volume, acadando que perdan as súas calidades de inertes para encherse de misterio, superando, deste xeito a realidade mesma, outorgándolles o alento de seres vivos. A sensación que transmite a obra é a de tempo detido, momento conxelado, evocador dunha presencia e dun tempo onde o fundamental para o artista "non é que o que ocorreu realmente naquel contorno senón o que eu imaxino que puido ter ocorrido".
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78