• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Bodegón

ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL

Bodegón
INV:
2607
Año de creación:
1983
Dimensiones:
48 x 61 x 0
Técnica:
Óleo sobre tea/táboa

Comentarios

Sobre a austeridade dun mantel dispóñense, como único motivo plástico, unhas mazás. A intención do autor non se limita exclusivamente ó estudio dunha natureza morta senón a investigar sobre os efectos de luces e sombras.

As tonalidades redúcense ó gris, movendo toda a composición nunha gama axordada e fría que se enriquece levemente con pequenos toques cálidos nas mazás, en amarelo ou vermello.

A luz parece ser o motivo principal, penetrando na obra pola esquerda e modificando coa súa presencia a realidade das froitas, do interior. O fondo é o que revela con máis claridade a intención do autor de presentar un estudio lumínico ó presentar unha superficie dinámica e activa con dous tons de gris que se alteran en función da luz.

O debuxo, coidadoso e fino, non interrompe o silencio xeral, representando as mazás como obxectos redondos onde interesa captar o volume, a súa esfericidade, a partir dunha pincelada precisa, polo que acada nas mazás sensacións case táctiles, estimuladas polos efectos lumínicos.

A tea convértese ante a mirada do espectador, transforma a súa realidade de bodegón, de natureza morta nunha pintura espida, materia, verdade que enlaza coas raíces da arte contemporánea nunha particular homenaxe a Cézanne e a un motivo iconográfico cheo de simbolismo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78