Praia de Baleo
- INV:
- 2598
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 170 x 130 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre lenzo
Comentarios
A pintura de Berta Cáccamo é ascética, entendida a partires da dualidade de signo e baleiro que enlaza coa poética de Miró, recrea un mundo de síntesis, de música e poesía.A mancha e a cor afloran á superficie conformando unha paisaxe de natureza cálida e dinámica que, cun deseño reducido ó esencial, extrae o máximo de sensacións co mínimo de recursos.
A peza reproduce a plasmación de pegadas, de restos que habitan e adquiren protagonismo sobre o branco espido de fondo. As manchas amarelas xeran un ritmo circular deseñado mediante o groso trazo do pincel que describe un movemento centrípeto e envolvente.
O branco non é plano, móvese e anima a mensaxe da obra suxerindo formas que se intuen tras unha longa atención, simulando o discurrir da auga entre as rocas, o xogo do mar coa area cambiante, sempre disposta para ser alterada.
A reducción da cor ó amarelo e o branco esixe que todo o peso da tela descanse no signo, nas grandes grafías amarelas que recordan ó ambiente cálido do verán, da praia, das rocas e do sol.
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"Arte Contemporánea da Galiza e Norte de Portugal". Do 21 de xuño ao 5 de xullo de 1995. Forum Maia. Câmara Municipal da Maia.
"Berta Cáccamo". Decembro de 1997. Deputación de Pontevedra, Pontevedra.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
"Arte Contemporánea da Galiza e Norte de Portugal". Forum Maia. Camara Municipal da Maia. Pelouro da Cultura, 1995, páx. 26-27.
"Berta Cáccamo". Deputación de Pontevedra. Vigo, 1997, páx. 84.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.