• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

La música II

XAIME QUESSADA

La música II
INV:
2597
Año de creación:
1997
Dimensiones:
150 x 150 x 0
Técnica:
Óleo/lenzo

Comentarios

Detrás do aparente caos de imaxes, de cor, de liñas, escóndese unha composición de estructura férrea, cun deseño xeométrico pensado para acentua-la mensaxe da obra.

Presenciamos un interior, unha estancia íntima na que se acolle a representación das alegorías da Música e da Danza. A danza, simbolizada polas dúas bailarinas, acompáñase da música, representada por un violinista e polos instrumentos musicais, un piano, un violín e dous chelos dispostos case simetricamente nos laterais da obra.

Diante do piano, ocupando o centro da composición, unha bailarina desprega-la súa arte ó son do violín interpretado por un músico. Rompendo a verticalidade da obra, outra bailarina, disposta horizontalmente podería se-la mesma nun momento anterior, na fase previa do quecemento- realiza estiramentos.

A influencia do Cubismo é evidente na peza ó igual que en toda a serie "La Música", na que, en palabras de José Gómez Alén, "Quessada identifícase con este movemento adoptando a composición xeométrica do espacio no que o cadro perde profundidade formal". Mediante esta estructura, consegue que as imaxes planas, nas que fondo e figura se confunden, realcen a sensación de dinamismo. A elección da cor e do debuxo fragmentado reforzan as impresións sonoras e móbiles plasmadas graficamente gracias ó dominio técnico do autor. As imaxes desdóbranse para suxeri-los diferentes pasos que forman parte dun mesmo exercicio, dunha mesma secuencia de tempo, de aí que sexan tan importantes as extremidades, os brazos e as pernas. As manchas de cor actúan tamén como axentes dinamizadores. O forte colorido, o azulón, o verde, o vermello, o amarelo, son interpretados mediante pequenos e rápidos brochazos que contrastan coa factura acabada da tea, incidindo unha vez máis nas sensacións expresivas.

A música, a poesía, a beleza son as protagonistas desta obra cargada de maxia e de luz onde a alegría de vivir se concentra nun instante.

Exposiciones

"Quessada. Última obra". Do 19 de decembro de 1997 ó 5 de xaneiro de 1998. Expourense, Ourense.
"Quessada. Última obra". Do 20 de decembro de 1997 ó 5 de xaneiro de 1998, Castelo de Vilamarín.
"Xaime Quesada". Xaneiro-febreiro de 2002. Centro Cultural Caixanova, Casa das Artes, Vigo.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

"Quessada. Última obra". Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 1997, s.p.
"Xaime Quessada". Catálogo. Cultura do Concello de Vigo, Caixanova, Vigo, 2002, páx. 71.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78