• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Nú

ANTÓN PULIDO

Nú
INV:
2588
Año de creación:
1980
Dimensiones:
73 x 60 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A pintura de Antón Pulido é unha invocación ó mundo da cor, á reflexión sobre as accións intranscendentes e cotiás que o autor reviste de profundidade e significado.

A obra presenta a unha muller de costas ó espectador que se está poñendo un calcetín, reproducindo a tarefa diaria de vestirse como un acto íntimo e persoal e, á vez, cheo de inxenuidade, ausente de todo consciente erotismo por parte da figura.

A poética da tea remite ó mundo de Pierre Bonnard, ás mulleres captadas no baño, na toilette, expoñendo o tema con cores fauvistas nunha explosión cromática de rosas, combinados con azuis, que dan lugar a morados intensos. Non existe a uniformidade da cor, senón que estas se alteran para permitir que cobren forza ó fundirse unhas coas outras, describindo as diferentes sensacións lumínicas, conseguindo, incluso, atrapar o punto de luz máis intenso, que esvara e baña o corpo , mórbido e carnal, no seu costado esquerdo, mediante un amarelo subido que contrasta cos tons case fucsias da pel.

A pincelada é pastosa, gromosa, sen escatimar en empaste, fretando o lenzo. Os brochazos dispóñense nunha loita onde intentan xustaporse, evitando a monotonía, xestando unha obra vibrante e atrevida que, sen embargo, non esconde a soidade e vulnerabilidade do corpo nu.

Exposiciones

"Antón Pulido. 1980-2000". 2001, Casa das Artes, Vigo.
"Antón Pulido. 1980-2000". Abril-maio de 2001. Museo Municipal de Ourense, Ourense.
"Antón Pulido". Casa da Parra.Santiago de Compostela. Do 10 de novembro ao 16 de decembro de 2001.

Reproducciones

"Antón Pulido. 1980-2000". Concello de Ourense, Vigo, 2001, páx. 14.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2022© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78