Home lavándose

- INV:
- 2587
- Año de creación:
- 1988
- Dimensiones:
- 146 x 114 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Un home lavándose a cara parece ser o tema intranscendente da obra, que entraña unha maior profundidade e esixe máis atención para entender que, en realidade, se fala da intimidade e da soidade do ser humano.O corpo masculino é un campo de cor onde os azuis se someten á presión que sobre eles exerce a grosa liña de contorno. A pesar do seu nu, a figura carece de todo erotismo. Os tons fríos, combinados con vermellos e negros, crean un corpo escuro que, unido a unha pincelada forte, saturada, agriden a superficie do lenzo, acentúan a masculinidade do espido.
As referencias ambientais son mínimas, describindo parcamente o ángulo da estancia na que se sitúa a escena. O decorado é sobrio, detállase un espacio íntimo cunha simplicidade de elementos, un lavabo, un espello e un radiador, que lembran o baño dunha sórdida pensión. O tema das soidades, dos personaxes urbanos en hoteis remiten á poética de Edward Hooper pero, neste caso, a austeridade ornamental é un factor máis que subliña a sensación de indefensión e desamparo, conseguindo que o espectador se sinta incómodo, indiscreto, ante a intromisión na idade do personaxe.
Exposiciones
"Antón Pulido". Maio-xuño de 1991. Casa da Parra, Santiago de Compostela."Antón Pulido. 1980-2000". 2001, Casa das Artes, Vigo.
"Antón Pulido. 1980-2000". Abril-maio de 2001. Museo Municipal de Ourense, Ourense.
"Antón Pulido". Novembro-decembro de 2001. Casa da Parra, Santiago de Compostela.
Reproducciones
"Antón Pulido". Xunta de Galicia, A Coruña, 1991, s.p."Antón Pulido. 1980-2000". Concello de Ourense, Vigo, 2001, páx. 29.
"Antón Pulido". Xunta de Galicia, A Coruña, 2001, páx. 29.