Autorretrato

- INV:
- 2576
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 194 x 200 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
A obra nace tras un intenso proceso de estudio e investigación apoiado en debuxos previos que o autor emprega como meros guións, ideas soltas coas que xogar para logo pasalas libremente ao lenzo.
A composición, suave e poética, presenta a unha descarnada figura flotando sobre un fondo delicado en tons cálidos como os rosas e o beige, xerándose, entre fondo e figura, un intenso contraste. O autor recoñécese nesta figura instintiva, case dorida, que mantén, como sinala David Barro, unha actitude relaxada xa que está sentada, imaxinando para crear.
Na obra aflora a súa preocupación pola luz, a atmosfera é nebulosa, envolvente, convertendo a figura nun axente estraño, distorsionador da calma e do silencio da paisaxe.
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"Din Matamoro". Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela do 23 de xuño ao 21 de setembro de 2005.
"Din matamoro". Setembro-outubro de 2001. Galería de Arte Contemporáneo VGO, Vigo.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
"Din matamoro". Galería de Arte Contemporáneo VGO, Coruña, 2001, s.p.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.