• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

DIN MATAMORO

Matamoro Irago, Eduardo

( Vigo, 1958 )

Biografía

O seu nome completo é Eduardo Matamoro Irago. Cursou estudios na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, na que se licenciou na rama de Pintura e Gravado. Empezou a expoñer moi novo, en 1984, na sala de Caixavigo, en Vilagarcía de Arousa. Vencéllase ó grupo Atlántica a partir de 1985. Realizou exposicións invidivuais e colectivas en numerosas cidades de España e de toda Europa, especialmente en Italia. Obtivo a bolsa "Xovenes valores", da Deputación de Pontevedra e dos Tallares de Arte Actual, do Círculo de Belas Artes, Antonio Saura, de Madrid. Tamén gañou a bolsa Colmeiro, a do Comité Conxunto Hispano Americano de Nova York, en 1988, e a da Academia de Belas Artes, Historia e Arqueoloxía, de Roma, en 1990. A súa obra adquirírona na I Mostra Unión Fenosa e acadou a segunda medalla na Bienal de Pontevedra de 1990. A súa pintura é por completo informalista, aínda que ás veces se intúen vagas referencias icónicas, de carácter onírico, emparentables co mundo de Odilon Redón. Grafismos caprichosos, un obxecto imposible inscrito nun espacio ideal, manchas sucesivas calculadamente harmonizadas son o seu mundo peculiar. A súa materia é heteroxénea, case corpórea ás veces. As correntes do chamado "Minimal Art" influíron no seu particular concepto plástico. Está representado en coleccións institucionais de Galicia e de Italia.

Bibliografía

IMÁGENES mentales, CGAC, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2005.

DIN Matamoro, Casa da Parra, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1990.

MEMORIA de mi olvido, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2002.

VIAXE. Din Matamoro, Concello de Vigo, Vigo, 1997.

Enlace página web del artista: http://www.dinmatamoro.com/

Obra

  • Autorretrato

    Autorretrato 2001

  • Sin título

    Sin título 1999

  • Sin título

    Sin título 2001

  • Paisaje

    Paisaje 1994

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78