Dos mujeres
- INV:
- 2570
- Año de creación:
- 1931 - 1932
- Dimensiones:
- 50 x 65 x 0
- Técnica:
- Aguada e acuarela sobre papel
Comentarios
O interese de Souto pola vida bohemia, as escenas de burdeis, tabernas, a súa fixación por personaxes marxinais comezara durante a súa estancia en Sevilla pero acentuarase coa súa chegada a París en 1931, tras recibir a bolsa da Deputación de Pontevedra.Dúas figuras femininas semiespidas, que parecen prostitutas, amósanse tranquilas, captadas nun momento de relax. Os seus rasgos, lixeiramente chineses, remiten á arte xaponesa, ao igual que a elección do tema revela a importancia da pintura francesa na obra de Souto, as escenas de mulleres no baño, na toilette, nos cafés...
A composición en aspa, moi empregada nestes momentos, aumenta a impresión de inestabilidade e inmoralidade das prostitutas. O debuxo tende cara á xeometría, a representación do espacio e das figuras realízase mediante xestos rápidos e manchas de cor escura, que se moven na gama dos negros e dos terrosos, incidindo na sensación de espacio pechado e ambiente sórdido, sendo evidente para López Vázquez a influencia do expresionismo na marxinalidade do tema, no realismo, que intenta ser unha forma de denuncia social.