• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

La leyenda del peregrino descalzo

JOSÉ SOLLA

La leyenda del peregrino descalzo
INV:
2569
Año de creación:
1985
Dimensiones:
81 x 112 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

Nunha interpretación persoal do mundo románico, o autor expón a súa particular visión da peregrinación como unha viaxe do home e os seus monstros. A obra disponse como un collage, mediante viñetas, a base de retallos, anacos, que é necesario unir para darlle sentido e coherencia á historia. O peregrino, simbolizado a través dos seus pés descalzos inscritos nun recadro, déixase acompañar polos seus demos, que o seguirán ó longo do camiño. Centra a composición un animal humanizado, de difícil identificación, sobre o que cabalga un personaxe sen rostro. As imaxes relixiosas complétanse con outras máis irreverentes que parecen tomadas dos canzorros románicos, figuras extraídas do bestiario medieval, escatolóxicas e cheas de erotismo. As formas abstractas teñen cabida nun escenario rechamante e funcionan como fondo, sobre o que se sitúan as diferentes figuras e recadros. Os tons son axordados e opacos, manténdose no terreo dos cálidos. A pincelada describe manchas, chorreos e goteos pero todo está dominado e controlado pola férrea dictadura do debuxo que perfila, con trazo groso e negro, a multiplicidade de formas e presencias. O Bosco e Bruegel gozarían da fantasía deste mundo de José Solla, onde, como sinala Francisco Pablos, "en cada obra descubrimos mil obras". EXPOSICIÓNS: "José Solla. Exposición Antológica". Do 29 de xuño ó 15 de xullo de 1990. Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, A Coruña. "José Solla". Do 3 de agosto ó 2 de setembro de 2001. Museo Manuel Torres de Marín, Marín. "José Solla". Do 5 ó 30 de setembro de 2001. Sala de Exposicións Caixanova, Pontevedra. "José Solla". Do 4 ó 21 de outubro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, Ourense. "José Solla". Do 2 de outubro ó 18 de novembro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, Estrada". REPRODUCCIÓNS: "José Solla. Exposición Antológica". Caixavigo, Vigo, 1990, s.p. "José Solla. Mitos e realidades"". Caixanova, Pontevedra, 2001, páx. 29.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78