• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Astillero

JOSÉ SOLLA

Astillero
INV:
2567
Año de creación:
1974
Dimensiones:
100 x 100 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Pertencente á súa Serie Blanca, a representación de estaleiros presenta unha visión romántica do Porto da Prata de Bos Aires, sen esquecer, por isto, as referencias a Marín, a súa vila natal.

A composición tende cara á xeometría, nunha mirada distorsionada da realidade, onde todo se interpreta a partir da racionalidade das formas, cun sentido elemental da arquitectura e a paisaxe.

A disposición horizontal da obra contrasta violentamente coa verticalidade dos mastros das embarcacións, que semellan triángulos, violentando a limpeza da atmosfera, na que se adiviña un esvaecido e curvado horizonte gris.

A harmonía cromática da tea, os delicados marelos e os laranxas contrarréstanse con azuis e morados que, sen embargo, non conseguen romper a intensa sensación de luz, claridade e optimismo que inunda a obra.



EXPOSICIÓNS:
"José Solla. Exposición Antológica". Do 29 de xuño ó 15 de xullo de 1990. Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, A Coruña.
"José Solla". Do 3 de agosto ó 2 de setembro de 2001. Museo Manuel Torres de Marín, Marín.
"José Solla". Del 5 ó 30 de setembro de 2001. Sala de Exposicións Caixanova, Pontevedra.
"José Solla". Do 4 ó 21 de outubro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, Ourense.
"José Solla". Do 2 de outubro ó 18 de novembro de 2001. Aula de Cultura Caixanova, A Estrada.



REPRODUCCIÓNS:
"José Solla. Exposición Antológica". Caixavigo, Vigo, 1990, s.p.
"José Solla. Mitos e realidades". Caixanova, Pontevedra, 2001, páx. 18.

Exposiciones

"Atistas Marinenses no tempo". Ateneo Santa Celcilia de Marín. Club Unesco. Do 30 de decembro de 2002 ao 22 de xaneiro de 2003.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78