Comentarios
Pertence á serie "Yo te saludo, sol", que comezou a principios de 1999. É coma unha grande acuarela na que o pintor plasma a luz e o aire cos medios mínimos. Vemos sombras azuis que se moven e cambian de lugar, ou lampos de luz que atravesan o ceo ou a nada. É unha pintura sutil, executada con pincel e acrílico, facendo que a cor vibre sen deixar a pegada do traballo manual sobre a tea, coma nas obras da rega de pintura de Paul Klee. O azul xoga co punteado natural do lenzo que aparece á vista en zonas que son reservas de luz. A claridade e un ton de frescura son as claves que alentan as obras deste artista dun modo natural e coherente. Recentemente foi seleccionado polo CGAC para participar na Feira Arco 2000.
Exposiciones
"IV Foro Atlántico de Arte Contemporáneo" Pontevedra, 1999, G. Lepina.