Comentarios
Céntrase o artista na figura da cruz, establecendo un xogo de duplicación ou variación do mesmo sobre superficie branca e negra, nunha sorte de salto de positivo a negativo que atopa a súa orde nos pequenos matices, nas pequenas disonancias, cun diálogo entre fondo e forma que deriva en poesía.
EXPOSICIÓNS: Auditorio de Caixavigo, poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, 1999.
BIBLIOGRAFÍA: "Pontevedra con Centroamérica", catálogo, Deputación Provincial de Pontevedra, 1999, coa obra reproducida na páx. 73.