Comentarios
Forma parte dun proxecto do artista sobre pintura móvil, obxectos en movemento, no que se inclúe unha ampla gama de propostas para suxerir movemento nunha superficie plana. Tanto pode tratarse da roda dunha bicicleta coma de obxectos fráxiles, de uso cotián, utilizados como elementos dunha construcción que chega un momento no que se tambalea e empeza a derrubarse provocando movemento no cadro cunha sensación de instalación efémera, que só pode durar uns instantes. Como Jasper Johns, nesta obra, Cabezas utiliza letras que forman palabras relacionadas coa información visual que recibimos do cadro, unha idea que recorda tamén algúns planeamentos de John Cage. Non hai adivinanzas crípticas nin referencias ocultas.
Da intensidade ás cousas cotiás, reservando o significado abstracto que cada un lle queira dar, nunha pintura de formas sinxelas, textura substanciosa, manchas e salpicaduras.
Bibliografía
Antón Reixa “Comentarios sobre la obra de Jorge Cabezas” 1998.
Exposiciones
“Cabezas, pinturas” C.O.A.G. Santiago 1998