• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Vista de Vigo

URBANO LUGRÍS

Vista de Vigo
INV:
2393
Año de creación:
1953
Dimensiones:
162 x 488 x 0
Técnica:
Mixta/soporte tradicional (arranque strappo)

Comentarios

É un dos cinco murais de Lugrís que con “La Romería”, “San Telmo” “Mapa de Galicia” e “Los misterios del mar” decoraban as paredes do Gran Hotel de Vigo, antigo edificio do Hotel Moderno, de Paczevich. Estes murais foron despegados das paredes en 1977 e permaneceron gardados polo Concello de Vigo ata que en 1991, igual cós de Colmeiro, comezaron a restaurarse, labor que durou algo máis de ano e medio. A pintura de Lugrís reflicte un mundo no que a realidade e a fantasía se entremesturan coa fantasía e a aventura, nun todo entretecido cun debuxo preciso e cores luminosas. A vista de Vigo aparece como o decorado dun teatro, detrás dunhas cortinas recollidas nun lateral. É un Vigo antigo, perfilado pola Fortaleza do Castro, a Colexiata, a Batería do Cabo da Laxe” batería da Pedra”, o Berbés e o convento de San Francisco. Vémolo todo desde o mar, desde un mar no que están pintadas tódalas ondas, no que un pescador bota as redes e moi preto del emerxen monstros de fábula; as gaivotas refúxianse nas Cíes entre nubes de tormenta e un navío deixa no ambiente da ría un aroma de conquistas e descubrimentos.

Bibliografía

Carmen Parada "De la pared al lienzo", reproduccións con fotografía de Beito. A Voz de Galicia,5/12/1991; Pablo López "Lugrises de las paredes" reproduccións con fotografía de Magar, "Faro de Vigo"16/2/1992; Conversas mantidas con Teresa Orrio dende o su taller de compostela en 1999.

Exposiciones

"Cien años de Unión Conservera". Museo do Mar de Galicia, Vigo do 26 de febreiro ao 9 de maio.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

"Colección Caixavigo". Tomo 4, páxina 124-125.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78