• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Tiempo Hiperbóreo

XAIME QUESSADA

Tiempo Hiperbóreo
INV:
2351
Año de creación:
1988
Dimensiones:
200 x 250 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Xorde a súa pintura no contexto da neofiguración inclinándose cara a un mundo imaxinario propio. Conxuga tradicións distintas, interésase pola abstracción xeométrica e pola pintura metafísica italiana, á vez que se abre ó ámbito do inconsciente do surrealismo. Elegantes figuras femininas con peixes e con bufos; fermosos espidos dentro de globos de cristal transparente e un neno de costas como testemuña infantil das súas propias visións: esferas, fragmentos de arquitecturas, troncos de árbores petrificadas, illas no horizonte, unha longa escaleira que se perde e unha pirámide invertida, vista cunha forzada perspectiva, fragmentada en corpos xeométricos que encerran nubes. Son elementos que convoca e ordena nun ámbito espacial ilusorio, seguindo soños, instintos e pensamentos que provocan na mirada do espectador un enigma, un misterio. É o seu un universo imaxinario creado desde un punto de vista puramente artístico e non freudiano ou literario como ocorre en Dalí, non lle interesa producir arrepíos forzados no espectador, busca soamente a harmonía e a beleza cunha factura realista que serve de contrapunto á irrealidade que representa. Podemos aplicarlle as palabras de Picasso ¿Cómo outra persoa vai recoñece-lo que eu expresei, quizais contra a miña vontade?

.

Bibliografía

VV.AA. "Quessada" catálogo da exposición, "Xaime Quessada, última obra", editado pola D. P. Ourense 1997, reproducida a obra; VV.A.A. "Quessada-Acisclo. Búsquedas y encuentros" catálogo da exposición de Lisboa 98, coa obra reproducida; John Richardson "Pablo Picasso" Baden Baden 1956.

Exposiciones

“Xaime Quessada última obra” Expourense e Castelo de Vilamarín, 1997; “Quessada Acisclo búsqueda y encuentros” no Palacio Galveias de Lisboa, 1998, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e Caixavigo.

"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova e Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78