Contraluz
- INV:
- 2312
- Año de creación:
- 1934
- Dimensiones:
- 61 x 76 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
A contraluz, diante da ventá, disponse, de forma ordenada, unha serie de obxectos característicos das composicións do bodegón: un floreiro con rosas, uvas e limóns agrupados en distintos recipientes, un servicio de café no que non falta nada e unha caixa de escarvadentes. Recréase nas formas das cousas, realzadas pola cor e as sombras que provoca a luz que entra peneirada a través da cortina transparente que cae sobre o cristal da ventá. Utiliza, como Cézanne, o recurso de prega-lo mantel branco contra a cortinaxe do fondo, que, xunto coa disposición oblicua das táboas da mesa e o eixe vertical do floreiro, distorsionan o espacio coma se o bodegón estivese pintado desde diferentes puntos de vista, cun concepto espacial con similitudes coa mirada cubista.Bibliografía
L. Jaime Oíza "Francisco Lloréns" catálogo da exposición de Vigo do 98 reproducido na páx. 51.F. Pablos "O secundario elevado ó protagonismo" no catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros colección Caixavigo" reproducido co nº 2. "Dirección General de Bellas Artes, Ministerio de Educación y Ciencia, Comisaría de Exposiciones".
Exposiciones
"Francisco Lloréns", A Coruña 1948 na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; “Antolóxica Lloréns” (1874-1948), Madrid 1972 en M.E.A.C.; “Francisco Lloréns”, A Coruña 1991 Fundación Caixa Galicia; “Francisco Lloréns”, Vigo 1998 Centro Cultural Caixavigo; “Bodegóns e Floreiros”, Centro Cultural Caixavigo, 1998.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.