• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Romería

TINO GRANDÍO

Romería
INV:
2278
Año de creación:
1953
Dimensiones:
71 x 101 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Grandío chegou a Madrid en 1949 pensionado pola Deputación de Lugo. A partir dese momento a súa pintura evoluciona tanto na maneira de trata-los temas costumistas, coma no uso da cor que varía cara a gamas máis sobrias. Na presente composición organiza un grupo con personaxes e elementos que ambientan unha romaría na aldea, cunha linguaxe sintética, de formas silueteadas con contornos grosos de rugosa materia. O cura, a muller cos dous nenos collidos da man seguindo ó home que vai diante co bastón, a vaca, o coche de liña e unha ringleira de árbores rozando o límite do cadro, constitúen un conxunto entrañable, tratado con tenrura, certa ironía e un acento de rito máxico activado polas sombras que se forman en harmonía de grises, brancos, negros, marróns e verdosos, sen o menor asomo de sensibilería, cun expresionismo severo que denota a influencia de Solana, sen a súa agresividade, visto a través dunha perspectiva galega, máis contida, imbuída dunha veta lírica.

Exposiciones

"Tino Grandío. Pintando coas brumas."  Museo de Belas Artes da Coruña. A Coruña. Novembro 2005- Febreiro 2006.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78