El torero y la maja
- INV:
- 225
- Año de creación:
- 1933
- Dimensiones:
- 195 x 147 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
A maja, de fronte, coa face de perfil cara á esquerda cuberta con mantilla, levanta o vestido cun xesto cheo de liberdade, que provoca unha cascada de relucentes cores sobre a superficie da tea; o toureiro, de costas, con traxe de luces, monteira e capote ó brazo, dá un paso cara a ela, inclinando a cabeza; á dereita, sobre o chan, un ramo de flores. Non detalla as faccións dos persoaxes, a súa identidade non importa, a parella adquire un aire simbolicamente abstracto, alleo a todo folclorismo. As súas figuras monumentais sepáranse do fondo, aberto por unha arcada, tanto polo ritmo das súas líñas, sostidas por grosos empastes, coma polo forte contraste de cores que brillan en ouros, vermellos, verdes e brancos.Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Arturo Souto", Antolóxica, do 31 do maio ó 30 de xuño de 1988, na Sala de Exposicións do Centro cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Pintores españoles en la Escuela de París", maio 1992, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo. "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo. Do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.
"Antológica Arturo Souto". Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, A Coruña. Xaneiro-Febreiro 1998. Museo de Pontevedra, Pontevedra.Febreiro- Marzo 1998.
"De Picasso a Dalí.Las raices de la vanguardia española: 1907-1936". Museo del Chiado. Lisboa.25 de xuño ao 25 de setembro 1998.
"Luces de Sangre". Do 13 de agosto ao 24 de setembro de 1999. Centro de Arte. Museo de Almería. Do 1 ao 29 de outubro de 1999 no Museo Municipal de Málaga.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", Catálogo; "Arturo Souto" nº 16 da serie "Grandes Artistas Gallegos", Catálogo da Antolóxica; "Pintores españoles na Escola de París", Catálogo, reproducido na portada e no interior; "Ahorro", nº 142, maio 1981, páx. 38; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 50.
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 1, páxina 187.