Comentarios
É unha perspectiva da praia con árbores á dereita e unha estreita franxa de terra ó fondo, con amplo ceo sucado por nubes. Capta os resplandores do solpor e a brétema do mar, imprimindo de certo lirismo apaisaxe cunha harmónica orquestración de lilas, rosas, alaranxados, marelos, azuis e verdes.