Sin título
- INV:
- 2200
- Año de creación:
- 1961
- Dimensiones:
- 112 x 192 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Nun interior aberto ó fondo por unha ventá que deixa entrar unha luz marela, xustapóñense e contrastan realidades distintas, protagonizadas por parellas de rapaces e mozos ó redor da figura feminina de traxe escuro que está deitada nun sofá, pensativa, diante dunha mesa cunha copa de viño. Non existe comunicación no grupo, son momentos vividos, enlazados nun ambiente poético, de añoranza, con ocres e vermellos, e esferas que flotan nunha atmosfera da que emana unha doce melancolía. As pegadas de Picasso, Velázquez e Matisse están presentes na súa arte, que se conxuga cunha impronta persoal de claves e signos característicos que afloran ó longo da súa producción artística. A obra está datada o mesmo ano no que o artista participa no grupo dos “abstractos Europeos” na Galería Guy D´Or Ekens de Amberes e en “Nova Figuración”, en Xenebra.Exposiciones
"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova e Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.