Comentarios
No medio dun bosque unha rapaza abre unha gaiola da que saen volvoretas que outro personaxe tenta facer pasar por un aro. A escena complétase cunha ra tocando a frauta. A fantasía do artista apóiase no debuxo, minucioso, de trazos precisos que fixan os detalles, combinando o ritmo curvilíneo da estética modernista cunha sensibilidade propia de exquisita técnica. Dominan os verdes con chispazos marelos e avermellados.
Bibliografía
E. Estévez Ortega, "Arte Gallego", Barcelona, 1930, páx. 106; neste libro aparece reproducida a obra.
Gran Enciclopedia Gallega, tomo 4º, páx. 75; neste libro cítase co título, "El domador de ideas".