Comentarios
Liñas rectas e curvas entremestúranse, construíndo formas que se xustapoñen e invaden toda a prancha co ritmo que marca a imaxinación do artista. Destaca unha partitura, peixes, e liñas que se cruzan e multiplican nunha composición movediza, con gradacións e texturas características. Fórmanse como lucernarios brancos que reteñen a luz e iluminan a estampa de forma inquedante.