• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

GRAFISMO I

RAMÓN VINYES

GRAFISMO I
INV:
202
Dimensiones:
57 x 57 x 0
Técnica:
TINTAS / PAPEL

Comentarios

O artista, seguindo a pauta dos pintores construtivistas, realiza variacións sobre a mesma idea, obrigándonos a buscar diferenzas entre as catro obras.

Formatar o papel con trazos negros que se dirixen en distintas direccións cun ritmo trepidante, producindo audaces encontros entre as liñas vectores, que encerran recantos triangulares e formas trapezoidais que aluden á armazón dunha vidreira ou a anacos de ceo vistos a través de ramas núas, aprisionando o espazo coa mesma tensión que os ferros dunha escultura.

O conxunto constitúese como unha realidade plástica de grande atractivo, carente dalgunhas determinacións propias da percepción como o arriba e abaixo, a dereita e a esquerda. Introdúcenos nun ámbito da mente onde non teñen relevancia as elementais cuestións espaciais. Son pensamentos gráficos que se encadean e discorren arredor de combinacións de infinitas posibilidades xeométricas, seguindo unha estrita metodoloxía que fai do artista un "creador de proxectos". O resultado é unha arquitectura que mobiliza o espazo pictórico contando coa cadencia que marca o suave e atinado cromatismo.

 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78