• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Jazz Em Streckstrump

VIRXILIO

Jazz Em Streckstrump
INV:
2017
Año de creación:
1987
Dimensiones:
62 x 47 x 0
Técnica:
(dibujo) tinta china sobre papel con detalles en látex

Comentarios

A enriquecedora relación que o autor ten coa cidade alemana de Colonia, coa súa vida cultural, queda retratada nesta serie de cinco debuxos, que reflicten a vida nocturna, o ambiente máis bohemio dos clubs de jazz onde a música se vive en directo.

Sobre un escenario dun famoso local de jazz, os músicos tocan os seus instrumentos e os espectadores asisten entusiasmados á actuación. É evidente o contraste entre os músicos, representados mediante unha simplicidade de liñas, fronte ás figuras femininas, máis coidadas, describindo con detalle elementos ornamentais do vestiario como colares, pendentes, sombreiros...

O escenario, iluminado por potentes focos de luz, situados indistintamente á esquerda,  á dereita ou incluso cruzados, xeran efectos de luces e sombras. A obra capta o ritmo e a luz nocturna  que se interpreta a partir dun entusiasta xogo de raias, manchas, liñas, vacíos e unha complexa trama de puntos que se agrupan ou dispersan para delimita-la maior ou menor sensación lumínica. A nota de cor está presente, nalgúns casos, por uns  detalles aplicados en látex.

 

     O virtuosismo da serie reside na capacidade para transmitir, a pesar de estar realizada en branco e negro, a sensación de luz, de música e de movemento dun local de jazz a partir da combinación de elementos plásticos e gráficos de gran sinxeleza.

Exposiciones

"Virxilio". 9 de Maio de 1988, Banco Central, Bruxelles
"Virxilio. Retrospectiva 1957 ata hoxe". Do 19 de novembro ó 15 de decembro de 1994. Galería Obradoiro de Artes Tamallancos (Vilamarín)
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78