PUEBLO

- INV:
- 1667
- Año de creación:
- 1989
- Dimensiones:
- 38 x 45 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel
Comentarios
Os tons cálidos, rosas e carmíns dominan esta composición que nace a partir dun soporte especial, o papel con rugosidades, que lle da textura e corpo á obra, conformando unha paisaxe irregular, poboada de pequenas casas con destacados tellados que semella un escenario imaxinario, creado con tenrura.O emprego dos tons verdes e amarelos, aplicados mediante frotados precisos e rápidos, rompen a monotonía dos tons rosados de fondo, conseguindo dinamiza-la composición, outorgándolle un aspecto entre vago e irreal.
O resultado final é unha paisaxe sinxela e encantadora que nos introduce no máxico mundo dos contos e das lendas fantásticas que a autora recrea como espacios líricos cheos de harmonía..
Exposiciones
"Marieta Quesada". Do 20 de marzo ó 2 de abril de 1989. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense."III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 de outubro ó 11 de novembro 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense.