Comentarios
O gran acio de uvas amarelas, perfiladas en verde, disponse de xeito tentador cara ó espectador, dispostas para ser degustadas.
O debuxo, de trazo groso e simple, consegue capta-la frondosidade e a xenerosidade das follas e das uvas. Non existe tregua para os espacios en branco, a cor cálida e intensa domina unha composición plena de vitalidade e optimismo.