• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Joven con patela

XAVIER POUSA

Joven con patela
INV:
1563
Año de creación:
1965
Dimensiones:
61 x 50 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A obra, que nace directamente da vida, da observación sincera da realidade, apóiase nos tres eixes básicos da preocupación plástica do autor, luz, cor e forma, para expresar, dende o concreto, un sentimento universal. Nun violento primeiro plano preséntase a unha peixeira nova sostendo o seu sinal de identidade, a patela. A súa mirada seduce de inmediato polos seus impresionantes ollos e polo seu porte directo e orgulloso, en actitude de pose, totalmente consciente de que está sendo observada. A figura, ben construída, sólida e monumental, delata o dominio do debuxo. A pincelada, solta e impresionista, xoga coa cor para defini-los rasgos, buscando o contraste cromático entre os tons verdes do fondo cos vermellos do vestido. Os cabelos, longos e sensuais, permiten traspasa-la luz que envolve a figura e xera, en torno á moza, un halo luminoso que a converte, ó igual cás peixeiras de Colmeiro, nunha figura atemporal, símbolo de tódalas mulleres do mar.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78