• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Bodegón con bandeja

LEGÍSIMA

Bodegón con bandeja
INV:
149
Año de creación:
1950
Dimensiones:
77 x 93 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Sobre un fondo escuro, destacan diferentes obxectos, ordenados de forma coherente sobre unha mesa. A materia, forte e áspera, apoíase nun debuxo rigoroso e cede ante a luz e a cor, facéndonos percibi-las texturas dos diferentes elementos, a transparencia do cristal, os reflexos metálicos e as calidades de froitas e cores. Os tallos vexetais e os encaixes estremecen e engúrranse sen tensión nin violencia pero cun rigor que pon en evidencia a vehemente personalidade da pintora. Se observamos con detemento o fondo da bandexa de prata, atopamos unhas cores chorreantes aplicadas con enteira liberdade sobre un pequeno anaco de tea que constitúe ela soa un exemplo de expresionismo abstracto. Se este mesmo esforzo de observación o aplicamos sobre un pedazo de encaixe, descubrimos unha nova inquedanza estética, a pintura estricta, per se, a materia capaz de vehiculizar contidos máis alá da simple estructura da tea.

Exposiciones

"C. de Legísima". Exposición Antolóxica, do 27 de maio ó 20 de xuño de 1985, na Sala de Exposicións do Centro Cutural Caixavigo. "Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ó 29 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1986. Do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.

"Galicia, 1900-1990". Galicia terra única. Hospital da Caridade, Ferrerias da Armada, Ferrol. 24 de xuñoo-outubro.1997.

"Exposición Galicia Terra Única", do 30 de maio ó 15 de outubro no Claustro de San Francisco de Pontevedra.

 

 

Reproducciones

na páx. 12 do tomo 19 da Enciclopedia Gallega, Vitoria 1974; Portada de "Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", Catálogo da Exposición; páx. 289 de "Plástica Gallega", Vigo 1981; Portada de "Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", Catálogo da Exposición.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78