Comentarios
Aquí temos unha ampla perspectiva de campos parcelados, con illadas arboredas e suaves outeiros ó fondo. O ceo, con nubes movidas por unha lixeira brisa, pecha a parte superior da paisaxe, construída con pinceladas mestas e toques impregnados de luces que volven vermellas as viñas e marelean as follas, equilibrando a sensibilidade e o oficio con ese halo máxico no que latexa a realidade.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. II", do 18 de abril ó 7 de maio de 1987, na Sala de Exposicións do Centro Cultural; "Xavier Pousa" Antolóxica do 12 de abril ó 15 de maio de 1994, na Sala de Exposicións do Centro Cultural, dentro da serie "Grandes Artistas Gallegos".