Comentarios
Cunha linguaxe sintética, decorativa e inmediatamente comunicadora, constrúe una paisaxe, á que se atopa estreitamente vencellado, dispoñendo bandas horizontais e unha ringleira de árbores redondas ó pé dos outeiros, definidas cunha grácil e harmoniosa liña ondulada sobre a que se estende un ancho ceo no que domina o sol. A pasta, mesta, con alaranxandos, rosas, verdes e marelos dálle un especial encanto á pintura na que latexa un acento lírico. O artista traballa con especial énfase o ceo.
Exposiciones
" Artistas gallegos en la colección C.A.M.V. (II), do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas gallegos en la colección Caixavigo", itinerante, Museo do Pobo Galego, en Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e Museo M. de Ourense, novembro e decembro de 1988, e xaneiro de febreiro de 1989; "Artistas galegos na Coleccâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte galega na Colección Caixavigo S. XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago.