Paisaje de Arzúa
Comentarios
Lombos ondulados harmonizan con árbores de perfís redondeados e palleiros modelados con rotundos volumes, combinando, sutilmente, o esquemático e o lírico. Dominan os ocres e marróns, orquestrados con morados, negros, verdes, azuis e brancos.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e M. Municipal de Ourense, novembro e decembro de 1988, e xaneiro, febreiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "A paisaxe Galega na colección Caixavigo", do 3 ó 15 de agosto de 1993, Casa da Cultura, Riveira. Do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.