• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Gaiteiro falando de Utamaro

ENRIQUE ORTIZ ALONSO

Gaiteiro falando de Utamaro
INV:
1337
Año de creación:
1986
Dimensiones:
94 x 60 x 0
Técnica:
Temple ó ovo sobre papel

Comentarios

A obra, concibida como unha particular homenaxe ao mundo do gravado e da arte xaponesa, está dedicada ao mestre da estampa nipona, Utamaro Kitagawa, famoso pola elegancia e sensualidade dos seus retratos femininos.
Nun espacio indeterminado sitúanse os personaxes desta composición de gran complexidade e beleza, chea de simbolismos ocultos. Cada unha das figuras ten identidade propia, comparte a mesma atmosfera etérea pero non se relaciona, coma se non formarse parte da mesma realidade, constituíndo só fragmentos illados dun mesmo relato. As figuras femininas, insinuantes, mostran os seus peitos espidos, alleas ao narrador masculino, o gaiteiro, que as sinala, describindo ante os absortos personaxes medievais do balcón un fascinante relato.
Contribúen a crear esa atmosfera de soño as masas de cor que se superpoñen sobre o intenso azul de fondo, acadando unha superficie densa e pesada na que as cores se solapan, perdendo nitidez e transparencia para gañar en sensacións matéricas. A luz está perfectamente captada mediante a pincelada precisa e a selección de tonalidades que se amoldan ás diferentes gradacións lumínicas conferindo volume e corporeidade a estes personaxes, habitantes dun mundo imaxinario.

Exposiciones

"Enrique Ortiz Alonso. Namorados Trotamondos". Do 1 ao 14 de marzo de 1986. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.
"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 ao 30 de setembro de 1989. Sala de Exposicións da Aula de Cultura de Caixaourense.

Reproducciones

"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Caixaourense, Ourense, 1989.
"Auria. Revista mensual de Caixa Ourense". Xullo 1998, ano II, nº 15. Contraportada.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78