Comentarios
Co efecto do frontal dun altar, a táboa está dividida en compartimentos que encerran figuras esquemáticas avultadas en suave relevo. No centro, San Pedro coas chaves, o seu atributo persoal, enmarcado por dous galos, e ós lados pequenas fornelas superpostas.
A cor azul invádeo todo propagando a atmosfera dunha hora simbólica, a hora da alba, que precede a visión da propia iconografía da composición na que se pode apreciar esa tendencia ó pintoresco tan característica do románico.