Comentarios
Co efecto dunha vidreira na que dominan amarelos, vermellos e alaranxados, trazos enérxicos, de intuición consciente, fan xurdir da magma da pintura formas recoñecibles de follas e ramas; como se fixera o pintor acta poética das sensacións que producen as cepas das videiras cos bacelos e mailas follas soleadas na estación da vendima. Todos son estudios e ensaios que preceden a traballos publicitarios posteriores.