Comentarios
A superficie fragméntase en múltiples espacios que son retallos de vida, aprehendidos en escenas diferentes que poden lerse segundo distintas secuencias. Afonda en recordos e vivencias que teñen como protagonistas a personaxes que transitan polo pobo como o neno e o avó, o cura, mulleres, parellas, e figuras que prefiren estar soas fronte ao mar. Predomina nestes momentos na súa arte unha vocación experimental e constructiva sen renunciar ao contido emotivo da composición.