Comentarios
Unha serie de figuras femininas, alineadas xunto a cestas e sacos, ocupan toda a táboa, adaptándose ó marco no que se encontran, nun ambiente de rosas e avermellados, ocres e cremosos. Son formas sinxelas que parecen emerxer da táboa perfiladas en relevo, cos rasgos da cara, os trazos do busto e os adornos dos vestidos, destacados por un avultamento das liñas do debuxo. Mostra Virxilio un apego á realidade do seu contorno natural sometido ó filtro da súa sensibilidade, utilizando formas ornamentais que perduran na arte popular desde o románico. Conxuga o anecdótico, o humano e mailo decorativo cun poder expresivo moi persoal.