Comentarios
Empeza a facer neste período composicións con figuras que pola súa teatralidade se poden considerar escenificacións poéticas e narrativas cun acento alegórico. Os seus personaxes viven ficcións, fantasías e soños con lembranzas da nenez. As figuras, adornadas con flores, concéntranse na parte inferior, en primeiro termo da composición, iluminadas con vermellos e marelos sobre os que vibran o azul e o negro. Un singular puntillismo, que lembra ó Kandinsky dos contos popularesrusos, dálle un toque decorativo ó cadro.