Comentarios
Entre luces amarelas e alaranxadas vislúmbranse perfís de construccións con cúpulas e torres nun ambiente de misterio que ben podería ilustrar un conto.
Amante da suxestión, posuidora dunha fantasía vivaz, a pintora plasma paisaxes nas que se mestura a herdanza medieval, un acento romántico e lembranzas de viaxes e experiencias persoais que leva ó soporte pictórico cunha técnica moi elaborada.