Comentarios
Campos con matas, arbustos e zonas boscosas sucédense ata o fondo subliñado por un perfil montañoso. O artista debuxa, cunha linguaxe individual que se reduce ó esencial, unha paisaxe real dun lugar coñecido que está no seu pensamento e que nos remite a un espacio de silencio. A póla que asoma no cuadro acentúa o carácter de fragmento dunha paisaxe que continúa máis alá do que vemos.