Comentarios
Con ríxida pose e angular contorno destaca en primeiro termo, coa figura cortada polo xeonllo, lixeiramente ladeada cara á esquerda, vestida de vermello e azul escuro, sobre un fondo alaranxado e vermello. A forza da súa presencia dánlla o debuxo e a cor cos que as formas adquiren volume. A obra está datada nun momento de busca dunha linguaxe propia na que Quessada alterna referencias de artistas como Modigliani ou Matisse, desde unha óptica persoal.